Dragon Ball Evolution

Dragonball Evolution é a primeira película dunha probable triloxía (oxalá non sexa así) baseada no manga de Akira Toriyama, Dragon Ball. Foi dirixida por James Wong e protagonizada por Justin Chatwin e James Marsters. A película toma como punto de partida a saga de Piccolo .


TRAILER



Actores e personaxes

Son Goku



Aquí xa non é Son Goku, é Goku, a secas, e xa non é aquel cativo con rabo, nin co seu tan característico peinado, tan gracioso coas súas excelentes frases tontas que nos fan rir e que viaxa polos ceos grazas á súa nube Kinton portando o bastón máxico para enfrontarse aos inimigos máis duros. Agora a súa misión é simplemente salvar a terra e a súa caracterización é moi parecida á do seu fillo Son Gohanda nas sagas posteriores. É o típico bicho raro da escola das peliculas americanas, que todos se rin del, e que está enamorado dunha rapaza Chi-Chi, que vai ser a súa futura muller, que non sei como pero ao final sempre acaban conseguindo a rapaza. E ademais onde se viu na serie que Son Goku fose a escuela.... e que estivera enamorado e andivera dando besitos por aí....
E na película descúbrese que é Son Goku non Bulma quen sabe a verdadeira historia das bolas de Dragón.

Ozaru



Si, Goku transfórmase en Ozaru. Con todo este Ozaru, a pesar de gardar parecido co orixinal, para nada respecta o concepto de mono xigante e descontrolado.

Bulma




Bulma preséntase a si mesma como ?Bulma Brief?, e a pesar de ser moi atractiva non resulta nin tan provocadora nin tan sexy como a da manga. Quere reunir as Bólas do Dragón para alcanzar a fama.

Esta Bulma é máis ?cañera? e menos feminina que a súa homónima, e até participa en combates grazas aos seus armas de fogo!

Por último cabe apuntar que en lugar de ter a melena de cor azul verdoso, na película é morena e simplemente leva un guecho desa tonalidade.

Muten Roshi



Muten Roshi, tamén coñecido como Mestre Roshi ou simplemente Roshi, deixa ao carón todo o seu simbolismo relacionado coas tartarugas, caparazón nas costas incluído. A súa estética lembra pouco á do orixinal e é caracterizado por un actor moito máis novo, con pelo e sen a súa emblemática barba branca. O seu carácter de vello verde aparece reflectido no filme e soba sempre que pode a Bulma; e cando non pode, busca consolo na súa colección de revistas de mozas en bikini.

O seu mestre Mutaito aparece tamén na película, e é afroamericano!

Chi-Chi



Chi-Chi é a moza guapa e popular do instituto no que estuda Goku. Non ten o agresivo carácter do cómic e é unha moza moito máis doce e cariñosa. Tamén é unha hábil loitadora e coñecedora da enerxía ?Ki? e adestra diariamente para participar nalgúns combates de carácter amateur.

Yamsha



Yamsha do mesmo xeito que no cómic de Toriyama é un bandoleiro do deserto, pero na conversión perdeu ao seu fiel amigo Puar, e a súa longa cabeleira morena transformouse nuns guechos louros (a pesar de ser asiático).

Non é un bo combatente pero posúe unha chea de gadgets e dispositivos cos que tentará apoderarse das Bólas do Dragón para ser rico.

Mai



Mai é a única representante do bando de Pilaf nesta adaptación á gran pantalla. Cambia o seu metralleta por unha pistola e posúe a habilidade de transformarse a vontade como Oolong e Puar na manga orixinal, iso si, previa extracción de sangue e só en persoas humanas.

O seu look lembra ao de Faith de Mirror?s Edge pola súa complexión é atlética. Ademais é a principal (e quizais única) subordinada de Piccolo.

Piccolo




Piccolo mostra unha aparencia similar á de Piccolo Daimaho rexuvenecido desde o principio. As súas antenas parecen estar pegadas cara atrás ao cranio e leva armadura. Non garda ningunha simboloxía co diaño como pasaba na manga e pode crear criaturas da súa estirpe mediante un proceso de extracción nunha máquina. Nada de cuspir ovos pola boca.



TITULO ORIXINAL Dragon Ball Evolution
XENERO Acción Fantasía
PAIS EE UU, Hong Kong
DURACION 90 Minutos
ANO 2009
IDIOMA Castelán
DIRECTOR James Wong
GUION Ben Ramsey e James Wong
PRODUCTOR Stephen Chow, Rich Thorne e Tim Van Rellin
MÚSICA Brian Tyler


0 comentarios: