Historia da serie Dragon Ball




É o nome dun manga xaponés e dunha serie de anime creados por Akira Toriyama. O manga publicouse inicialmente na revista semanal Shonen Jump entre 1984 e 1995 e orixinalmente editouse en 42 tomos individuais chamados Tankobon. No 2004 volveuse publicar o manga nunha colección de 34 volumes, chamados Kanzenban, que incluía un final lixeiramente modificado. O manga deu orixe a tres series de anime dirixidas por Toei Animation:Dragon Ball, Dragon Ball Z e Dragon Ball GT, unha terceira serie cunha historia non baseada no manga que foi creada por Toei e Akira Toriyama.

A violencia de moitos dos seus episodios provocou que, en Occidente, se pedira moitas veces a retirada deste anime e incluso a súa prohibición. Malia isto, ou talvez por esas polémicas, tivo un enorme éxito que a levou a ter máis de 500 capítulos en total e unha vintena de películas, ademais dunha extensa oferta comercial que á a parte dos cómics e das películas, inclúe ducias de videoxogos e xoguetes, entre outros.

A historia de Dragon Ball baséase nunha das novelas chinesas máis famosas chamada Viaxe ao Oeste (a cal data do século XVI) escrita por Wu Cheng'en, e esta á súa vez baséase na lenda chinesa do rei mono Sun Wukong (neste caso, Son Gok?). Conta sobre unha versión ficticia das verdadeiras expedicións do monxe budista Hsuan Tsang, quen deixou o seu pobo Chang'an no ano 628 logo de Cristo para viaxar ao oeste en busca das escrituras budistas que axudarían ao pobo chinés a coñecer máis sobre a súa relixión. Regresou exitosamente da súa expedición, e o emperador deulle o nome de Tripitaka. Tripitaka converteuse moi pronto na figura relixiosa máis popular de Asia, e contáronse innumerables historias e lendas sobre a súa expedición. Cada vez estas historias eran mais incribles pois se lle engadían outras sobre demos, espíritos e maxia. Chegou ata o punto de engadir un simio chamado Sun Wukong, o cal volveuse tan popular que estaría sempre presente.

Con Son Goku como protagonista principal da historia, o argumento céntrase na procura das lendarias Dragon Balls, un total de sete artefactos que ao ser reunidas daban lugar á aparición do dragón sagrado que pode conceder calquera desexo. Goku, coa axuda da súa fiel compañeira Bulma ademais da doutros personaxes que se irán unindo co paso da historia, penetrarase na procura das Dragon Balls e desafiará a todo tipo de villanos para converterse no home máis forte do mundo.

A historia de Dragon Ball Z dá un cambio radical. As Dragon Balls quedan nun segundo plano e o argumento céntrase na protección do universo con continuas batallas contra os villanos máis poderosos existentes.

Dragon Ball GT devólvenos de novo as Dragon Balls como trama principal, pero cun cambio: a existencia dunhas moito máis poderosas que ao conceder un desexo quedan esparcidas por todo o universo condenando á destrución ao planeta no cal foron activadas.

Akira Toriyama

Akira Toriyama naceu en 1955 na rexión de Aichi. Tras estudiar na escola, convertiuse en diseñador gráfico e comezou a traballar na axencia de publicidade. Non foi ata 1978 cando publicou a súa primeira historia, titulada Wonder Island na revista semanal Shônen Jump. A partir de entonces, publicaría diversas historias cortas autoconclusivas. En 1980, Toriyama comezaría o primeiro dos seus grandes éxitos. Fue Dr.Slump, que contaba cómo el Dr.Norimaki creaba unha nena robot chamada Arale que ten que facerse pasar pola súa filla. A vida de Norimaki, Arale e os demáis habitantes da Vila Pingüino ocuparía case todo o tempo de Toriyama ata 1984, cun total de 18 volumes realizados.
A serie que faría famoso a Akira Toriyama dentro e fóra de Xapón, ao momento de chegar a ser o manga máis coñecido do mundo, foi Dragon Ball. Toriyama escribira unha historia curta chamada [Dragon Boy], antes de escribir Dr. Slump, pois ben Dragon Ball é a reelaboración de Dragon Boy.

Dragon Ball comezou a publicarse en 1984, xusto ao acabar a serie de Dr.Slump. A serie evolucionou durante os seus 11 anos de vida e 42 volumes. Ao final, Toriyama tivo que finalizar a series en abril de 1995 por cansancio, debido a que non lle gustaba a cadencia semanal que non lle permitía un tempo necesario para elaborar os guions. De feito, o autor reconoce en entrevists que cando comezaba as últimas historias, como pode ser o asunto de Cell ou a historia de Majin Boo, non tiña nin idea de cómo acabar esas aventuras.

Tras a finalización de Dragon Ball, o autor no estivo quieto e creou numerosas historias, de diversa extensión, ainda que ningunha logrou o éxito alcanzado polas aventuras de Goku e compañía. En principio colaborou no diseño dos personaxes do videoxogo chamada Dragon Quest, que contou cunha adaptación ao manga e ao anime que en España chamouselle As Aventuras De Fly. Ademáis, realizou diversas novas historias como Cowa, dirixida a un público infantil, o Tokimecha, que conta as aventuras dunha rapaza que viaxa a través do tempo.

2 comentarios:

Bonifighter dijo...

Mil gracias por crear este blog!. Lo cierto es que soy fan de Son Goku desde niño y siempre he querido tener todo el anime en gallego (el mejor doblaje de todos...exceptuando el original en japonés).
No sólo podré emocionarme leyendo toda la saga (la Ultimate Edition completa), sino también escuchándoles hablar y, decir adios.
En resumen, gracias!

Unknown dijo...

Did you know there is a 12 word sentence you can say to your man... that will induce intense emotions of love and instinctual appeal for you deep inside his heart?

Because deep inside these 12 words is a "secret signal" that triggers a man's instinct to love, worship and protect you with his entire heart...

=====> 12 Words Who Fuel A Man's Desire Impulse

This instinct is so built-in to a man's brain that it will make him work better than ever before to do his best at looking after your relationship.

Matter-of-fact, triggering this all-powerful instinct is so mandatory to achieving the best possible relationship with your man that as soon as you send your man a "Secret Signal"...

...You'll immediately notice him expose his mind and heart for you in such a way he's never expressed before and he'll recognize you as the only woman in the universe who has ever truly appealed to him.