O plan para destruir a todos os Saians (1993)


















Director
: Shingauso Yamauchi
Director de arte: Kenichi Tajiri
Guión: Takao Koyama
Data do trinque (Xapón):25 de agosto de 1993
Duración: Duas OVAS de 30 minutos
Titulo orixinal: OVA Dragon Ball Z Gaiden: SAIYAJIN ZETSU METSU KEIKAKU
Producción: Kozo Morishita. Bird Studio, Fuji TV, Toei Animation
Música: Keiju Ishikawa

O acrónimo "OVA" é a abreviación de Orixinal Video Animation. As OVA son series de anime ou capítulos especiais dalgunha serie que foron feitas para a súa venda directa en formato de vídeo. Xeralmente, as OVA teñen unha calidade superior a unha serie realizada para a televisión, ademais, estas non poden ser exhibidas en TV. Debido á popularidade do anime, as OVA pódense atopar en calquera tenda de animes. En Xapón foi directamente editada en vídeo. Esta película, de feito, provén dun videoxogo co mesmo nome. Este xogo é de NES e a súa vez foi adaptada a un anime interactivo nos cales o usuario decide o que sucederá segundos logo dunha acción mediante un control de selección para menús.


Os saiyans atópanse cun problema: O Doutor Raichi, último Tsufur que sobreviviu do ataque dos Saiyans no planeta Vexeta anteriormente Planeta Plant. Ademais, os saiyans utilizaron posteriormente a tecnoloxía Tsufur, moi avanzada. Para eliminar a Son Goku, Vexeta, etc., creou clones de Slug, Tulece, Coola e Freezer. Pero o maior perigo non está na potencia dos clones, senón na súa capacidade de rexenerarse e de neutralizar aos saiyans, de tal modo que os seus ataques serán realizados en balde.


Son Goku descobre o seu punto débil. Derrotaranos cos mesmo ataques con que foron vencidos anteriormente. Así que coa axuda de Piccolo,Son Gohanda e Toranks (a Vexeta, como ao seu orgullo, non parece sentarlle ben un ataque aos clones). Posteriormente chegan ao planeta onde Raichi estaba escondido, e malia ter grandes habilidades, de feito moito maiores que as de Son Goku e Vexeta, reúnen a súa enerxía e o malvado Raichi é derrotado.



OVA 1

A primeira parte do OVA (Orixinal Video Anime) inícianos nunha historia diferente de Dragon Ball Z, isto é o que quere dicir Gaiden.

Nesta primeira parte, o Doutor Raichi, último superviviente dos Tsufurs que habitaron no Planeta Vexeta, quere destruír a todos os Saiyans, que contribuíron á desaparición da súa raza e converteron o antigo Planeta Plant no Planeta Vexeta...

Son Goku e Son Gohanda son contactados por Popo xa que un gas extraterrestre, chamado Gas Destructor, esta debilitando a natureza. Goku e Gohan van buscar a Bulma pero ela non atopa ningunha información sobre o gas, saíndo de alí Popo infórmalles da existencia de 4 máquinas que producen o gas en catro lugares diferentes: o cañon Grand Apollo, o deserto do oeste , o volcán Pogo Pogo na Illa Bunbuku e o continente de xeo. Cando logran destruír as catro maquinas, con axuda de Piccolo.

Son Gohanda e Son Goku van acabar con este problema, cada un nas distintas zonas en perigo do planeta. Úneselles a esta aventura Piccolo. Xusto no momento apropiado únense á aventura Toranks e Vexeta. Cando todo parece rematar, Popo indícalles que hai máis zonas da Terra contaminadas polo 'gas destructor', existe unha quinta máquina na torre Tongari situada na Capital do Oeste. Son Goku, Son Gohanda, Piccolo, Vexeta e Toranks acoden a esta nova zona. Nesta ocasión é Vexeta o que empeza a destruíla, el só. Pero, de súpeto, aparece detrás deste unha figura estraña pero coñecida. Tratábase de Freezer, con quen Son Goku se enfrentara no planeta Namek fai tempo e Toranks do Futuro derrotandoo na Terra.

Aparecen ademais Coola, Slug e Turles, todos co obxectivo de destruír aos Saiyans. Son Goku sabe que non son os personaxes de verdade, de feito, Turles é un Saiyan moi parecido a el.

Cada vez que intentan derrotalos cunha das súas mellores técnicas, esta non responde, debido ao poder que o doutor Raichi deu a estes Tsufurs. Só hai un xeito de derrotalos, que Son Goku non tarda en pescudar logo dun combate 'sen saída', no que cada vez que se derrota a un inimigo, este se rexenera. Tratábase de derrotar ao inimigo da mesma forma que o fixeron anteriormente. Así, Toranks acabará con Freezer; e Son Gohanda e Piccolo con Slug, grazas ao silbido que non poden escoitar os habitantes de Namek ou namekianos. E o mesmo cos dous restantes inimigos. Curiosamente, todos aparecen nalgunha película.

Nalgunhas partes deste primeiro episodio do OVA de Dragon Ball, notarás algunhas imaxes 'especiais', que son precisamente as que aparecen no videoxogo.



OVA 2

A historia continúa seguindo inmediantamente á primeira parte, na que Son Goku e os demais eliminaron todas as zonas contaminadas do planeta Terra, que impedían utilizar calquera técnica contra as pantasmas que se xeraban nestes lugares.

Agora, Son Goku e os demais diríxense ao planeta en que se refuxia o Doutor Raichi, segundo foran informados anteriormente. Viaxan a gran velocidade cunha das naves espaciais da Capsule Corporation, porque sen ir previamente a este planeta, Son Goku non pode realizar a teletransportación, pois podería resultar perigoso. Ao comezo dos problemas coa nave, debido a unha tormenta no espazo, chegan ao lugar desexado, que é bastante escuro e con moitas esferas dunha cor vermella escuro, coma se nunca houbese algunha especie con vida no planeta. Son Goku, con todo, é consciente de que o Doutor Raichi atópase neste lugar. Por iso, decide chamalo e, efectivamente, aparece o noso inimigo. A gran tecnoloxía dos Tsufurs permitiu sobrevivir a este, grazas a unha máquina que acumula grandes cantidades de enerxía do Universo, o cal supoñerá a destrución do mesmo a longo prazo.

O Doutor Raichi conta como cada vez que se destrúe a un inimigo, este volve xurdir, a non ser que llo derrote como a primeira vez, como o caso de Freezer, Coola, Slug e Turles. O problema é que ao Doutor Raichi non se lle derrotou antes en ningunha ocasión, motivo polo cal Son Goku atópase con máis problemas.

É Vexeta o que quere derrotar personalmente ao Doutor Raichi, facendo todo o posible para que non sexa Son Goku o que o elimine. 'Os Saiyans nunca serán derrotados polos Tsufurs', isto é o que di Vexeta, que ademais recoñece que a súa especie realizou malas accións no pasado.

Todos atacan á vez ao Doutor Raichi, que se envolve nunha esfera prácticamente imposible de abrir ou romper, formada por un cristal moi forte. Pero varios ataques sucesivos de Son Goku e os demais conseguen romper esta cápsula e todos os seus efectos, do que se estraña o mesmo Tsufur. Goku non consegue derrotar ao noso inimigo cunha onda vital, polo que é Vexeta o que o consegue cun Final Flash, alcanzando deste xeito o seu obxectaivo de derrotar ao último Tsufur. Agora parece que o Final Flash é mellor que unha onda vital de Goku e, ademais, conseguiu superar a tecnoloxía dos Tsufurs e do antigo planeta Plant.

Con todo, a máquina acumuladora de enerxía non foi destruída, o que nos fai pensar que o Tsufur pode ser rexenerado do mesmo xeito que ocorría ao principio con Freezer, Coola, Slug e Tales. Posteriormente terán que enfrontarse de novo ao Doutor Raichi, posiblemente máis perigoso que agora.

Hatchhyack é o nome desta máquina, que foi a última alternativa do Doutor Raichi para sobrevivir. Crea 'pantasmas', polo que o propio Doutor Raichi demostrou ser un deles ao non ser derrotado e rexenerarse.

A máquina Tsufur converteu toda a súa enerxía acumulada durante moito tempo atrás, considerando esta época pasada desde o fin dos Tsufurs ata estes momentos, en toda unha fonte de enerxía que vive nun só ser. Parece o fin dos Saiyans, do planeta Terra e de todo o Universo, que non poderá soportar semellante poder durante moito tempo.

Ante a ameaza de destruír o planeta Terra, Goku reacciona inmediatamente. O mesmo fai Vexeta, do mesmo xeito que coa intención do Tsufur de destruír todos os Saiyans. Goku comenta que é máis forte que Broly, ao que se enfrontou en dúas aventuras diferentes.

O novo inimigo é unha unión de Tsufurs, pero non unha fusión, porque neste caso serían só dous Tsufurs. O resultado é mellor que esta simple transformación de dúas serés nun.

De aspecto vermello brillante na parte superior e inferior e magenta no centro, este monstro parece prácticamente invencible, debido ao seu enorme tamaño, semellante ao da máquina Hatchhyack da que naceu e cobrou todo este poder. Parece que ata garda o poder de Coola, Freezer, Slug e Turles.

Vexeta cae ferido, incapaz de dar un só golpe. A Toranks e Son Gohanda ocórrelles igual. Só queda Goku, que aínda advertindo aos seus amigos do perigo para que saísen de alí, estes non poden reaccionar a tempo. E o mesmo ocórrelle a el, ante un intento de atacarlle...

Piccolo tamén é ferido, pero aínda ten as fabas máxicas consigo. Dá unha delas a Gohan, que inmediatamente recupérase; e pídelle que garde as outras tres para Goku, Toranks e Vexeta, que as necesitan máis que el. Unha vez todos recuperaron as súas forzas, atacan á vez ao noso inimigo, que segue derrotándoos unha e outra vez con moita facilidade.

Só queda unha solución: Todos utilizarán ao mesmo tempo a súa mellor técnica. Así, Goku realiza unha onda vital; Gohan o Masenko ; Toranks o Burning Attack e Vexeta o Final Flash, simultánemente. Catro fontes nun son capaces de xerar unha gran cantidade de enerxía, ante a que o noso inimigo non puido resistir. foi derrotado...

Todo volve á normalidad e Goku, Vexeta, Toranks e Son Gohanda regresan ao planeta Terra, onde Bulma continúaos esperando para a hora para comer.

POR EMULE CON SUBTITULOS EN GALEGO

Vídeo: 640x480
Audio: Xaponés | 128 kbps | AAC
Subtítulos: galego e castelán (flotantes)

Ligazóns: emule.jpg

VER POR YOUTUBE EN CASTELÁN

Parte 1
Parte 2
Parte 3
Parte 4
Parte 5
Parte 6

VER POR TU.TV

Parte 1


Videos tu.tv

Parte 2


Videos tu.tv

VER POR MEGAVIDEO

PARTE 1

PARTE 2

DESCARGAR POR RAPIDSHARE

Idioma: Castelán
Tamaño: 200 MB por OVA aprox.
Formato: AVI

Parte 1
Parte 2
Parte 3
Parte 4






Idioma:
Castelán

Tamaño: 212mb cada OVA
Formato: avi

Parte 1
Parte 2

3 comentarios:

480r1g3n dijo...

Boas ¡

Deixeiche un comentario aqui; https://www.blogger.com/comment.g?blogID=355881485267691513&postID=5315755204629984582&pli=1 fai xa uns días, supoño que como é unha entrada antiga non a revisarias. A ver se me podes axudar. Graciñas ¡
Adri

Jon dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Jon dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.