4. O camiño ata o máis forte (1996)



Titulo original: Saikyō e no Michi
Producción: Toei Animation
Guión: Aya Marsui
Música: Akito Tokunaga
Director:Shigeyasu Yamauchi
Data do trinque (Xapón): 2 de marzo de 1996
Duración: 80 minutos

Esta cuarta película de Dragon Ball ao máis puro estilo de Dragon Ball GT (banda sonora incluída) realizouse para conmemorar o 10º Aniversario de Dragon Ball. Nela recóllense os mellores momentos de Dragon Ball co seu tema inicial: A procura das setes bólas máxicas que permiten invocar a un dragón sagrado: Shenron.
Volvemos ver ao noso protagonista co seu bastón máxico, a nube kinton que lle regalará Mutenroi, os soldados do exército da rede ribbon e, por suposto, a Shenron, coñecido dragón que concederá un desexo a Goku e os seus amigos. A película iníciase como a serie: o encontro de Goku e Bulma cun perigoso accidente de coche no que Goku xa nos mostra as súas grandes habilidades e a súa estraña aparencia: un mozo con cola. Goku invita a Bulma a pasar á súa casa e esta cóntalle a lenda das sete bólas máxicas...

Evidentemente, Bulma estaba interesada na súa procura para pedir o seu propio desexo, pois quería atopar a un noivo guapo. Goku, que posúe a bóla de catro estrelas, decide non entregarlla, pois era o único recordo que conservaba do seu avó Son Gohan.
Ao final acompañaraa na súa aventura, pois Bulma cre que é un mozo listo e ensínalle os seus bragas e déixalle tocalas,pa que lle de a bola, ao que Goku recoñece como un "sucio traseiro".

Ao final, Bulma saese coa súa: Unha bóla de dragón máis para engadir ás que xa tiña e un gardián que lle protexería fronte a calquera perigo que se presentase na súa aventura, xa que Goku parecía ter moitas habilidades.
Do mesmo xeito que nos acontecementos da serie, Goku e Bulma acaban coñecendo a Woolong, un cocho que posúe a curiosa capacidade de cambiar de estado de aparencia como el mesmo desexe. Woolong está obsesionado coas mozas e, logo de falsas ameazas, acábase unindo aos nosos amigos.
Posteriormente, xunto con Woolong, atoparán a seguinte Bóla de Dragón. Bulma vese obrigada a dicirlle que esa noite durmiría en roupa interior, porque senón Woolong escaparíaselles. Continuando a nosa aventura, dáse o mesmo encontro con Mutenroshi que na serie. Kame Sennin (Dende Tortuga) aparece tras salvar Goku ao seu pobre tortuga. Este acáballes entregando a bóla máxica que posúe coa condición de que Bulma ensináselle as súas bragas. Bulma accede e consegue a bóla, aínda que non sabía que non levaba postas a súa bragas, xa que que Goku quitárallas anteriormente pensando que eran unha almohada.
Cando Bulma descóbreo séntese furiosa e morta de vergonza. Goku consegue a nube kinton, onde só poderán montar aquelas persoas de corazón puro.

Seguindo a súa aventura atoparanse con Yamcha e Puar, dous atracadores sen boas intencións, aínda que se acabarán unindo a eles. Puar tamén posúe a capacidade de cambiar a súa aparencia. Na súa aventura atoparanse cun problema: O exército da Cinta Vermella (tamén coñecida como Rede Ribbon) tamén está buscando as bólas de dragón, e non con bos propósitos.

Xa na Torre da Rede Ribbon, Goku terase que enfrontar co seu poderoso exército. White Shojun, comandante desta torre, acaba sendo traizoado polo seu compañeiro Black Hosa, que traballaba para el. A Rede Ribbon fabricara un robot coa misión de matar: Número 8. Este robot levaba unha bomba dentro. Con todo, aínda que se lle ordena acabar con Goku, non o fai.

Era un robot de bo corazón. De feito, acaba sendo o mellor amigo de Goku e ambos non dubidan en xogar por uns momentos a tirarse bólas de neve. Trala morte de Número 8, provocada pola Rede Ribbon, Goku decide vingarse. Para iso deberá enfrontarse a Black Hosa, que utiliza unha máuina enorme na que el mesmo monta co fin de derrotar a Goku e así liberarse do seu principal obstáculo. Finalmente, cando Bulma invoca ao dragón Shenron e ninguén sabe que pedir (de feito, a mesma Bulma dúbida), Goku corre e pide que resucite a Número 8 e o desexo élle concedido. As sete bólas de dragón vólvense a repartir por toda a Terra.

NON DISPOÑIBLE EN GALEGO




Tamaño: 459 mb
Formato: avi
Idioma: Castelán

http://www.megaupload.com/es/?d=C00EF8PS

ONLINE TU.TV

Parte 1

Parte 2


0 comentarios: