2. A bela dorminte no castelo do demo(1987)

Director: Daisuke Nishio
Guión: Keiji Terui
Data do trinque (Xapón): 18 de julio de 1987
Duración: 45 minutos
Titulo original: Majinjō no Nemuri Hime
Producción: Toei Animation
Música
: Shunsuke Kikuchi

Goku coñece a Krilyn en Kame House, o fogar de Muten Roi, que inmediantamente proponlles unha misión como condición de aceptarlles como discípulos: Traer a unha moza atractiva. Logo dalgunhas confusións, conseguen traer a Lunch, unha moza que ao estornudar cambia de personalidade, en verdade, moi violenta. A continuación, Goku e Krilyn terán que realizar unha segunda misión: rescatar á bela durmiente, actualmente prisioneira no castelo do mal. Yamcha, Puar, Lunch, Woolong e Bulma únense a esta aventura...

Agora o novo inimigo de Son Goku é Lucifer, rei dos demos (algo parecido a Picoro). Inmediatamente Bulma parece verse atraída polo aspecto do monstro ainda que despois o verdadeiro aspecto de Lucifer aparece e Bulma queda decepcionada. O obxectivo de Lucifer é destruír o sol cun canón de enerxía.

Son Goku e Krilin chegan Man do Demo e comezan a enfrontarse a demos, mentres tanto Yamcha e compañía son atacados e Bulma é secuestrada. Cando Bulma esperta é levada ao salón onde esta a Princesa durmiente, xa que o seu sangue será utilizada como o brindis para festexar o espertar da princesa. Mentres tanto Goku e Krilin vencen a Gastel e chegan ao castelo onde se dan conta que a Princesa dorminte é unha xoia, pero cando estaban a piques de obtela Lunch róubaa.

Cando estaba escapando estornuda e cáese, Goku logra agarrala pero Lucifer atrapa a Krilin e ordénalle entregarlle a Xoia ou matarao.Mentres todos están atrapados, Lucifer carga a xoia co poder da lúa chea e prepárase para disparar o canón, pero esta mesma lúa fai que Goku se convérta en Ôzaru e logren escapar, logo de que Puar lle corte a cola a Goku e este ataque ao canón cunha onda vital que fai que cambie a dirección e mate a Lucifer.

Por fin, Goku e Krilyn cumpriron a misión, máis difícil do que parecía. Agora poderán adestrar co meste Muten Roi.

O escuro castelo de Lucifer ten un aspecto peculiar: unha man negra alzada ao ceo que intenta agarrar algo. Precisamente o castelo chámase Akuma Non Che, que vén significar algo como "a man do demo". Goku e Krilyn conseguiran superar aos secuaces de Lucifer: un demo vermello e un demo tuerto e jorobado. Unha vez máis os acontecementos son parecidos aos dos episodios da serie.

Ver por Youtube castelán

Parte 1
Parte 2
Parte 3
Parte 4
Parte 5





Idioma: Castellano
Tamaño: 272mb
Formato: avi

http://www.megaupload.com/es/?d=9X0UQQRR

0 comentarios: